jueves, 19 de diciembre de 2013

50/52

A dúas semanas de rematar o proxecto parece que por fin puiden poñelo ó día por aquí. 




Z: Poñendo a árbore. Enfeitando a casa.

L: Querido Papá Noel...

B: 0 h, 39'5º, e un sorriso

Cara b: Mentres eu preparaba cousas na cociña ti atopaches a bolsa onde gardamos os tapóns.

NOTA: Trabuqueime ó copiar o os códigos das fotos, vistes que marcos hai agora nas opcións do flickr? Agora quédanse así.

lunes, 16 de diciembre de 2013

49/52

Isto estáse acabando... estas, con retraso, da semana do 2 ó 8 de decembro.

Z :: 49/52

L :: 49/52

B :: 49/52

Z: Un paseo xunto á casa dos avós Moucho,... os burriños eclipsárono todo.

L: Collendo herba do muro para darlle os burriños.

Cara b: o pequeno o preferido.
Cara c: xogando coa pila de coxíns dixeches que teño que facer coxíns para a nosa casa... teño que facer coxíns para a nosa casa.

B: Non teño a sensación de usar moito o teléfono, apenas chamo a ninguén, o móbil está sempre perdido, pero vese que e un acto bastante cotián cando ti xa o imitas tan ben... con calquera mando que pilles.

Cara b: O bidé na casa da avoa Olga foi todo un descubrimento!

viernes, 13 de diciembre de 2013

48/52

Z :: 48/52

L :: 48/52

B :: 48/52

Z: Aínda non cumpriches, pero xa o celebraches, primeiro desexo concedido: unha celebración especial, con animais.

L: 5 anos, 5 ANOS!! E non deixas de sorprendernos a diario, sempre medrando.

B: Xa pasou un ano dende que che demos a benvida. Celebrámolo os 5 xuntos coa túa candea nun anaco de biscoito que quedaba. Apagáchela coa man, e coma sempre, non paraches de sorrir.

Cara b: o mesmo día do teu aniversario decidiches que merecía a pena tomarse máis en serio o de camiñar, dende entón sempre empezas a dúas patas, aínda que non dure moito.


martes, 3 de diciembre de 2013

47/52

Z :: 47/52

L :: 47/52

B :: 47/52

Z: Despois de xantar sempre fas a mesma pregunta: "podo comer unha moeda (boliña, anaco,...) de chocolate?"

L: Un momento excepcional en ti: xantando con "pelos de domingo"

B: O luns deches 4 pasiños, o martes, 5, ó longo da semana, unha vez ó día lanzácheste polo menos a intentalo, pero a gatas séguese indo máis rápido e máis seguro

Por se queres compartir