domingo, 27 de octubre de 2013

Unha semana de vacacións

Levo toda a semana intentando sentar a poñer as fotos da escapadiña da semana anterior, pero este ano dende que comezou o cole noto máis ca nunca que o tempo se me escapa. Nin a coser, nin a calcetar, nin a escribir aquí,... apenas teño tempo a seguir o día a día, e xa sabedes que eu son de servicios mínimos na casa, non podo imaxinar como facedes as que traballades fora e tendes casas impolutas... como sexa, semella que dei arañado un chisco de tempo hoxe, a ver se polo menos isto non me queda atrás.

Ata agora as vacacións que máis nos prestaron sempre foron as de fora de temporada: coller uns días de descanso e ir a algures preto e onde todo estea tranquilo, non sei se a cousa cambiará porque dende que estamos en terceiro semella que se puxo serio o asunto e, aínda que a mestra insista en que o pase ben nas vacacións a coletilla de "xa recuperará á volta" quere dicir que todos os exercicios que o resto fixeron esa semana ela terá que facelos á volta xunto cos deberes de cada día, e ademáis facer os exames que quedaron polo camiño. Aínda non sei como capear este temporal porque non me gusta e non vexo maneira de venderllo... pero esta é outra historia, agora imos coas vacacións, que unha semana dá para moito.

deberes
peiteando
familia
coroa

Unha comida cos bisavós Sindo e Marilde (pero non levei a cámara!) e un día coa avoa Olga, e logo a deixar a Galla cos avós Moucho. Unha coroa de cartón feita polo Moucho para a L. que tanto lle gustou que dixo que iso era o que lle ía pedir a Papá Noel. Un susto incluído (deixade sempre os medicamentos fora do alcance dos nenos,... aínda que na vosa casa non haxa nenos, ben altos e se pode ser baixo chave) que por sorte quedou só en susto, e volta a casa.

E de casa camiño a Asturias a aproveitar que nos deixaban usar unha casiña preciosa no paraíso.


no pé
entre os asentos

a casa, o altillo
a casa, o altillo
a casa, o ventanal
botas
siluetas
a mañá
no chan
luz
regreso al futuro
na miña cama
O altillo onde as nenas pasaban o tempo xogando, eses ventanais cheos de luz cara as montañas, a triloxía de Regreso al futuro!!! Para namorarse dela :)
Ata roubamos unha mazá perfecta das maceiras da casa...

mazá
comendo a mazá
beleza

Fíxome gracia que o primeiro día que saímos co coche vimos á xente traballando no campo, nun monte empinado sen traballar arrimando sacos de patacas á parte máis baixa do terreo, por onde pasaba a estrada e iamos nós co coche. "Pero de onde vén esta xente coas patacas?" E logo caín na conta, non eran patacas, claro, eran mazás, porque en Asturias non hai vendima, pero hai o seu equivalente para facer a sidrina e xusto na mesma época (os avós Moucho vendimaran esa fin de semana).

Días tranquilos (quitando o estrés de perder unha mañá a unha cadela polo monte lonxe de casa), paseos, dinosauros, praia, algunha partida ó scrabble (estamos acabadiños, eh?) e boa compaña. Vacacións ideais.

ponte ás pegadas
playa la griega
carreiras
debuxos
cara
Z
araña
pegadas
pegades
pegadas
Praia La Griega

paseo
paseo
paseo
puente
Ruta de las foces del Infierno

muja
MUJA Museo del Jurásico de Asturias

Á volta paramos xantar en Muros de Nalón e no canto de marchar ó rematar decidimos acompañar a Rita e a Madro mentres ían dar un paseo ás cadelas, e descubrimos unha praia PRECIOSA, para deixarnos con ganas de máis.

praia paraíso
alegría

Foto de familia case completa para rematar (a Maga e a B. non lles vemos a cara).

todos

Si, haberá que volver.

NOTA: Grazas a Rita e Madro coma sempre por levarnos e a Carlos e Marta por fiarse de que non lles iamos destrozar a casa.



jueves, 24 de octubre de 2013

42/52, 7/12 e 8/12

Z :: 42/52

L :: 42/52

B :: 42/52

7/12

8/12

Z: Vervos a ti e á túa irmá chegar á praia ponlle un sorriso nos beizos a calquera.
Cara b: seguindo as pegadas dos dinosauros (disque)

L: Nun recuncho dun paraíso.
Cara b: esa expresión na cara, coas cellas levantadas é tan ti.

B: Moitas horas no coche e, desta vez, bastante ben levadas.
Cara b: Eses olliños... xusto antes de quedar durmido ás costas de papá.

Tartarouchos: Ida, un restaurante dos setenta reconvertido en setenteiro. (esta foto é tan ridículamente ridícula que me encanta: eu case desaparezo coa luz da fiestra; o Moucho parace un rei estraño, sentado aí separado, na escuridade e flanqueado por esas flores de plástico na parece coma se fosen fachos; a L semella que estivera acabando de pasar o fío dental; a Z coma sempre atrás dos seus pelos, e o B que parece que quere escurrirse da foto :D).
Volta, praia preciosa e inesperada que nos deixou con ganas de máis (e eu xusto tapando o pinoco que convirte a praia de Aguilar, ese día envolta en bruma, nunha beleza espectacular)

Iamos moi retrasados nos retratos familiares,... a ver se así damos pillado o ritmo :)

martes, 22 de octubre de 2013

41/52

Vou con retraso, pero vou.
Estas corresponden á semana do 7 ó 13 de outubro.

Z :: 41/52

L :: 41/52

B :: 41/52

Z: Ceando. Imposible manterte sentada.

L: Flash. Un xeado "dos de papi".

B: Descubrindo as posibilidades da lingua: dende sacala a facer bulbulbulbul movéndoa de lado a lado.

lunes, 14 de octubre de 2013

Mes dez

A principio de ano decidín facer unha foto do B. cada mes durante o seu primeiro ano, no mesmo sitio na mesma postura, o que conseguín este mes foi isto:

intentoI 1
intentoI 2
primeiro intento 3
segundo intento 1
segundo intento 2
segundo intento 3
segundo intento 4
segundo intento 5
segundo intento 6

... e van xa tres meses con resultados semellantes.

NOTA: non escoller unha postura de "deitado" para fotografar un bebé os seus primeiros 12 meses

Por se queres compartir