miércoles, 27 de febrero de 2013

Milagre!

con chándal

A avoa Olga conseguiu algo que non pasaba dende polo menos hai dous anos...

L con chándal

... e dous anos son moito cando tés catro. A L con chándal!!!

L con chándal

Apúntome o truco por se é necesario para tunear algunha prenda destas características no futuro: engadir lentejuelas e outros brillos, a poder ser en rosa :)

L con chándal

lunes, 25 de febrero de 2013

8/52

Z :: 8/52

L :: 8/52

B :: 8/52

Z: Cada día teño que pedirche que poñas unha pinza ou unha diadema para quitar ese pelo de diante dos ollos. Lembro que miña nai e miña avoa andaban a dicirme o mesmo de pequena... é inevitable, convertinme en nai :)
Ou é inevitable, paréceste algo a min? :)

L: Levabas moito tempo sen xogar xa con bebés, pero é curioso ver como dende que estiven embarazada os xogos sempre inclúen bebés dalgún tipo, e mesmovolvedes dar teta ós bonecos e xogades a ter bebés na barriga, sobre todo ti. O outro día pedíchesme a miña bandoleira, como era moi grande díxenche que ó día seguinte podiamos ver de facer unha para ti. Non se che esqueceu. Cunha camiseta cortada improvisamos esta para levar ós teus bonecos.
 
B: Un sitio onde consigo que quedes durmido, ademáis de no carriño, sen estar pegado a min é este puff. Antes era un dos sitios preferidos de Olivia, agora compartídelo.

Tartarouchos :: 2/12

Tartarouchos: recén levantados o domingo, aínda sen quitar as lagañas. Pensara durante a semana en facer esta foto, pero o Moucho adoita erguerse moi cedo cando os demáis aínda durmimos, así que desbotara a idea, pero esta finde tivo garda e unha saída nocturna que obrou a milagre de que a esas horas aínda estivese na cama.

PD: Non sei que pasou esta semana, de súpeto atopei que escribira os comentarios das fotos dirixidas a eles... se saíu así será por algo :)

jueves, 21 de febrero de 2013

Déixame que pense...

... todo o que che teño que dicir. :)

déixame que pense...

miércoles, 20 de febrero de 2013

Gnomos e mouchos

Os gnomos encántanme. "David el gnomo" eran os meus debuxos preferidos de pequena (seguidos por "Érase una vez la vida" e "Rainbow brite", quen non quixo algunha vez un cabalo branco coas crines arco da vella? :D), en realidade penso que seguen a ser os meus debuxos favoritos, coidando a natureza e axudando a curar animais... aínda lembro o álbume de cromos... non sei se cheguei a ter algunha colección máis de cromos, pero desta non me esquezo, mágoa non ter o álbume xa...

O outro día nunha tenda de teas da cidade atopei unha tea de gnomos! Merqueina, e tiven que facer algo con ela. Tiven moita sorte porque levei o último anaco e non sei se a volverán ter. Encántame. Non se parecen a David, pero son gnomos.
Logo vin outra de mouchos, e non podía deixar de facer algo para o que parece que será con seguridade un Mouchiño pequeno, do moito que se parece ó Moucho grande.

Sempre temos que ter un trapiño preto do B. para limpar cando o leite non queda dentro, así que ocorréuseme facer unhas toalliñas para limparlle cando regurxita, ou para poñer para evitar accidentes cando se lles cambia o cueiro, ou para levar a xinasia cando sexa máis grande e vaia o cole,... un proxecto sinxeliño para facer agora que só teño ratiños pequenos para coser.

mouchos

gnomos

mouchiño e mouchos

pequeno

A que son bonitos? Os tres :)




martes, 19 de febrero de 2013

Da finde

no parque

no carriño

ó sol

na cociña

Oli ó sol

irmánsirmáns

a miña bella

aloumiños

sementes

puzzleando

puzzle

puzzle rematado

baño
(foto do Moucho)

Fixo sol e saímos de paseo. Choveu e enredamos na casa.

A L. sen lentes porque co casco da bici mancábanlle. A min xa se me fai raro vela sen elas. O B. no carriño.

Herdamos o vestido de Bella dunha veciña e tocou sesión de cine con La Bella y la Bestia, por suposto (hoxe é martes e segue con el posto).

O semilleiro de porros parece que sobrevive, as leitugas aplastounas certa gata tomando o sol.

Houbo moitos aloumiños.

O crebacabezas de 500 pezas rematado! Pai e filla están pensando en buscares outro.

Baño entre todxs.


lunes, 18 de febrero de 2013

7/52

Z :: 7/52

L :: 7/52

B :: 7/52

Z: O sábado vestiu como nunca o fai: puxo vaqueiros, pediu coletas e atou por primeira vez ela soa os cordóns dos zapatos (que tampouco os pon nunca). A diadema aconselloulle o pai que a sacara... o seu estilo vestindo lémbrame moito ó tío Hugo cando era pequeno (pero moito máis lixeiro) :D

L: Esta é a cara que se lle queda a unha despois dun berrinche de media hora porque sempre quere ir exactamente igual vestida que a súa irmá e esta vez díxenlle que se quería coletas facíallas a ela primeiro, se non non llas facía. Non quixo porque non sabía o que faría a Z., ó final flexibilicei un pouco o trato e fíxenlle coletas, pero diferentes (para que o lembre nuns anos...)

B: Primeira viaxe en coche de máis de media hora, superada con éxito aproveitando unhas sestas. A diferencia maior que notei coas Tartarouchas en canto naceu (despois do pito, claro) foron as súas mans, tan anchas.

viernes, 15 de febrero de 2013

L debuxa :: Olivia e os gatiños

Xa vos contei que a L. pasa o día debuxando e escribindo, eu estou gozando moito disto porque a Z. apenas debuxaba á súa idade, nin agora. E non é só polos debuxos, senón por como se desenvolven, como xorden, ou como evolucionan os debuxos segundo vai contando a historia do que debuxa... ou ó revés: comeza facendo un garabato, entón paréceselle a algo e completa o debuxo con ese algo e logo xorden máis elementos para ir completando o que conta... encántame.

O outro día escaneei uns cantos, agardo ilos poñendo por aquí ós poucos, pero non sei se o conseguirei, así que hoxe que teño un ratiño vou intentar traer algún.

Primeiro vouvos amosar este, por desgracia cando se tarda en facer as cousas pasa isto: xa non lembro se era un gato ou un coello. O caso é que ó velo quedei pampa coa expresión dos ollos. Non sei se retivo dalgúns debuxos animados, en papel non ten nada así, pero non vos lembra á maneira de debuxar certas expresións nos debuxos xaponeses?

coello

Xa é de hai bastante tempo, de antes do Nadal seguro, xa hai moito que escribe mamá coas letras na orde correta, aínda que o seu cerebro aínda non fixo o "clic" e de momento, aínda que sabe que son letras, non sabe lelas nin comprende o mecanismo da lecto-escritura. Por exemplo, se escribe algo (de memoria) e esquece algunha letra, cando llo recordas escríbea no principio, no final, na ringleira de abaixo ou onde ve un oco grande abondo para metela :)

Un día estivemos a ver fotos vellas, de moito antes de que elas naceran, de antes de que o Moucho e máis eu nos coñeceramos,... e apareceron unhas fotos de Olivia cos seus bebés gatiños. A partires de aí xorde unha serie... veredes.

Preséntovos a Oli, hai moitos moitos anos, cos seus bebés :)

Olivia

gatiños

E isto foi o primeiro que debuxou a L. despois de ver esas fotos. Os debuxos que vos amoso non son nunca dirixidos, ela debuxa cando quere e o que quere, pero quería que virades o contexto.

olivia e os gatiños 2

Olivia é a máis grande, que ten a cabeza rosa e "ten moitas tetas para darlles teta ós seus bebés, e como ten moitos bebés ten que ter moitas tetas". Ó parecer tamén ten moitas patas, pero diso non soubemos nunca a explicación :D E vistes ós gatiños? Os gatiños teñen só dúas tetas, coma ela, e coma nós. Supoño que porque ela, que non ten bebés para darlles teta tamén ten dúas.
Outro detalle importante foron os lazos. A verdade é que eu non lembraba o sexo dos gatiños porque non os coñecín, así que ela preguntoume se os bebés "eran chico ou chica" e eu díxenlle que me parecía que eran tres gatiñas e un gatiño, así que, vós non o vedes, pero a versión primixenia do debuxo tiña tres gatiños con lazo, máis Oli, e un sen nada. Foi por aqueles días do meu dilema coas saias e as roupas rosas, aínda que as Tartarouchas non sabían del, e entón a L. dixo: "estas teñen un laciño porque son chicas... bueno, mellor o chico tamén levaba laciño, porque lle gustaba". Xa vos dixera que elas o teñen moito máis claro, ata que llelo estragamos nós. 

Podedes marabillarvos coma min vendo todos os detalles: uns gatiños con raias, con pestanas nun ollo, ou nos dous, un con gadoupas coas súas unllas correspondentes, os dentes, os bigotes,... agora mentres subía as fotos volveu ver o debuxo e dixo que se esquecera de debuxarlles o rabo :D

A orientación é un pouco complicada porque primeiro foron os gatos, despois os nomes (o de seu irmán onde vai o B) e por último o ceo.

Esta foi a primeira versión, pero logo viñeron moitas máis, preparadxs?

gatiños

gatiños

Por último a obra máis grande e completa :)

panel diante
(por diante)

panel atrás
(por atrás)

gatiños de olivia
(Olivia e os gatiños noutra versión)

?
(isto non sabemos o que era)

nomes dos gatiños
(e os nomes: primeiro os que pensaba eu, e logo cando veu o papá completou cos verdadeiros Dueñas e Kenia, con outra grafía porque o Q xa o coñecía e era máis sinxelo escribilo)

E iso é todo por hoxe. Bueno, de agasallo déixovos a min cun tigre e un raposo.

raposo, tigre, mamá
Outro día, máis. :)
    

jueves, 14 de febrero de 2013

33

sesión de beleza
(foto do Moucho)

33 

no colo

sesión dobre

soprando 33 candeas
(foto do avó Tito)

Non será recordado polo mellor aniversario da miña vida: en domingo e sen estar todos xuntos, no entroido e sen desfrazarnos, puérpera e sen nenas,... elas pasárono ben, e iso é o que queremos os que as queremos.

Pasei o día cos meus dous homiños, ós que quero tanto. Pola mañá sesión de perruquería a cargo do Moucho, con crista incluída; pola tarde sofá, calceta, teta e coliño; á noitiña sesión dobre de cine co meu amor máis vello e co máis novo.

A celebración agardou por nós ata a chegada das Tartarouchas, a tarta (recente descubrimento tamén grazas a Arantxa por non lle mesturar as capas) tivo candeas que sumaban 33 (incluída algunha desas inapagables que tantos lles gustan).

Agora si, a celebración foi completa. Grazas Tartarouchos :)

lunes, 11 de febrero de 2013

6/52 e 1/12

Z :: 6/52

L :: 6/52

B :: 6/52


Z: Revisión anual da nena sá. Pregúntome canto tempo máis xogará na sala de espera a miña nena grande.

L: Sempre quere axudarme a facer biscoitos e postres e logo nunca os proba... pero a súa nai xa non pode lamber os pucheiros co que a ela lle gusta.
Penso que na revisión foi a primeira vez que a L non chora no médico ou antes pensando que ten que ir, igual se lle cura o síndrome da bata branca.
 
B: O cambio era real, esta semana puidemos saír xantar fora e logo facer a compra e volver á casa mentres durmía, e gozar dos seus ahhhh, os seus sorrisos e as súas miradas xa quentiños no sofá.
 

Tartarouchos :: 1/12
 
Tartarouchos: Poñamos que este horror técnico é a nosa primeira foto familiar do proxecto de unha ó mes... aínda que sexa do 3 de febreiro. Esa mesa estáse a quedar moi pequena...


PD: algunha vz, coma hoxe, pinchando nas fotos tedes a opción b... sempre é tan difícil escoller... :)

Por se queres compartir