martes, 23 de febrero de 2010

Os roliños de canela

Dende que os vin aquí, non os saquei da cabeza, tiña que facelos.

A primeira vez fixen a metade da masa, estaban boísimos e aínda que non tiven moito éxito de convocatoria coas invitacións, non quedou nin un e ademáis quen os comeu soubo agradecelos.

roliños de canela versión I

Da segunda, fixen toda a masa, e é moita masa, unha bandexa de boliños e dúas de de roliños de canela, máis unha trenza rechea improvisada e boísima. Saíron distintas porque enrollei a masa no outro sentido, pero estaban igual de boas.

roliños de canela versión II

trenza

boliños

Compartinas coas miñas bruxiñas e un par de ausencias, (:* :*) celebrando o aniversario charlando un ratiño todas xuntas, canto me prestou.

E cuns agasallos marabillosos, envoltos en papel cheo de contas, noutro dunha caixa de zapatos e un laranxa de malla feito de follas secas reutilizado que me encantaron case tanto como os agasallos en si.

agasallos

Grazas bruxiñas!

Estes días vou gozar tamén co meu outro agasallo, así que igual non teño tempo para vos contar moitas historias, pero sabede que o estamos a pasar ben.

domingo, 21 de febrero de 2010

Medio-fracaso reposteiro

Nunca tal cousa me pasara...

Resulta que pasando a Candeloria e contándollo á Z. ocorréusenos que podiamos facer unhas galletas de corazóns dun dos libros de receitas que temos na casiña. Tiñan unha pinta estupenda, e eran de vainilla, mmmmm.

corazóns

Xuntamos os ingredientes (ben poucos, por certo, unhas galletas ben sinxelas), amasamos ben, e collemos os nosos moldes de corazón para darlles forma. Fixemos ademáis algunhas con forma de boliñas por petición da Z. (que total despois non as come nunca porque non lle gusta o doce, pero lle presta moito facelas), e cando as metemos no forno...

corazóns?

... non sei onde marcharon os nosos corazóns, pero o resultado da fornada foi o que vedes. Unha chea de pastas aburatadas e aplastadas, pero ricas, iso si, que comer, comémolas igual.

E si, sabían a vainilla.

martes, 16 de febrero de 2010

Materialismo

Estou sen cámara. Bueno, si teño cámara, pero non "a miña cámara", teño a compacta que tiñamos antes e boto de menos a réflex. Claro que podería quedar sen ela e vivir perfetamente, pero hoxe bótoa en falta porque lle teño aprecio.
Xa mo dixo o Carolo algunha vez: "Ah! Ti es desas persoas que lle queres ás cousas..." E si, son así. Pero pregúntome ata que punto é iso malo.

Hai pouco xuntamos unha chea de xoguetes para os nenos pobres, cando a Z. me viu metelos nas bolsas e me preguntou conteille para que eran e non puxo ningún problema, de feito ela mesma os recolleu e meteu nas bolsas, e sorprendeume moito. Sorprendeume e deume que pensar. Non houbo ningunha insinuación de que eses xoguetes serían reemplazados por outros, nin foi necesario dicir que xa tiña moitos, simplemente o aceptou como o máis normal do mundo e non volveu falar deles. E me deu que pensar, deume moito que pensar: realmente o facía por solidariedade? Non lle daba importancia ningunha ás súas posesións, pero non será porque as obtén con demasiada facilidade?

Lembro á miña avoa de sempre dicíndonos: "É que vós non lle dades importancia ás cousas porque non sabedes o que custa telas." Ou á miña sogra contando como de agasallo de Nadal tiñan unha laranxa, ou o ano que tivera unha boneca de plástico, ríxida, sen articulacións, sempre sentada pero que era o tesouro máis grande... e non podo evitar pensar que todo ese desprendemento da Z. ten que ver coa avalancha de agasallos que teñen non só durante o Nadal ou o aniversario, senón durante o resto do ano, coa facilidade coa que ve as cousas entrar e sair da súa vida.
É o mesmo que cando estraga algún xoguete e llo intentas facer ver: "Se fas iso quedarás sen o xoguete" "Xa, pero é que eu xa non quero máis este xoguete" Que pode ser certo, que pode ser que lle interese máis a experimentación do que vai facer que o xoguete en si mesmo, pero tamén pode ser que saiba que aínda que quede sen ese xoguete xa terá outro, que se rompe a punta dos rotuladores mercaremos uns novos, ou se deixa os botes da plastilina abertos e secan non vai significar que quede sen plastilina.

no chan
Foto da Z.

Non sei, está mal ser materialista? Darlle importancia ás cousas que tes é malo? Ou o malo é querer ter moitas cousas?

miércoles, 10 de febrero de 2010

Tres deces para min

Por espertar de bo humor

bos días!

...por (nunca) peitear canas...

canas

...por facer un brownie (receita de Aivou) riquíiiiiiiiisimo (e non o digo eu soa :D )

brownie de Aivou

Parabéns!!

parabéns!

martes, 9 de febrero de 2010

Un chaleque

Fai moito que non poño nada da miña calceta, teño algunha cousiña feita, pouca cousa e mooooooi lenta (estou a piques de rematar UN calcetín que comecei a mediados de decembro... e aínda falta o segundo).

Non sei se lembrades o Neighborly que fixera para a Z. e que rematou feito unha boliña outra vez porque picaba. Bueno, daquela foramos á tenda de las e ela mesma escolleu outra la coa que refacer o chaleque, a katia miski, unha alpaca que vén en madeixa. Modifiqueino e fíxeno máis grande ó tempo que usaba esta nova la para as zonas de contacto e cando estaba rematado... outra vez: é que non o quero poñer porque me pica un pouco. Argggggggggg!! Nin foto fixen, probárallo mentres o facía e parecía estar todo ben, pero non, así que coa rabia collín e desfíxeno dun golpe.

E cos restos decidín facerlle un á L, que aínda non sabe dicir que pica, e o resultado foi este pebble, que xa fixera nunha ocasión para regalar pero moito máis pequeniño.

chaleque

chaleque

O resultado quedou algo curioso porque se me rematou o novelo e a maneira de empatar deu como resultado unha traseira en tons grises e malvas e unha dianteira en fucsia e morado, pero encántame, levamos usándoo todo o inverno e queda sempre ben, incluso como nestas fotos por riba do pixama na casiña.

Aínda me queda algunha cousiña máis por vos amosar, a ver se fago fotos un día destes.

viernes, 5 de febrero de 2010

A nosa cincenta

a nosa cincenta (e o zapatiño non é de cristal)

non ten un zapatiño de cristal :D

jueves, 4 de febrero de 2010

Énos así

Lembrades que vos digo moitas veces que á Z non lle gusta nada de nada poñer cousas no cabelo?

Pois agora resulta que vai ser todo ou nada.

todo ou nada

A Tartaroucha énos así :)

lunes, 1 de febrero de 2010

Un pequeno cambio en febreiro

proxecto un pequeno cambio

Comezamos!!! (Podedes ver aquí as bases do noso proxecto)

Xa é 1 de febreiro, seguro que, coma nós, neste tempo pensastes cal sería a vosa acción para levar a cabo este mes, así que agora é o momento de compartila.

Nós tiñámolo claro dende que escribimos o primeiro post... ata onte. É que nesta casa che somos así, e onte pola noite, despois de ver os nosos narices cargados de mocos, e pasar todo o día collendo panos de papel pareceu que o axeitado para este mes sería cambiar de proxecto, así que aplazamos o que tiñamos pensado e decantámonos por: cambiar os panos de papel por panos de tea.

Agora só falta un pequeno detalle, porque onte pasei media tarde á busca dos meus panos, que tiña gardados dende que era pequerrecha e que reapareceron hai pouco. Sei que os collín e os separei pensando xa en utilizaloS, lembro perfetamente de onde os collín e non teño nin a máis remota idea de onde os puxen... e non fun quen de atopalos.

Así que seguindo coa idea da reutilización, e coas mesmas vellas sabas coas que fixemos a mantiña que vos amosaba onte... tratarei de facer panos para todas (e para o papá tamén).

un pequeno cambio en febreiro

Así que temos o primeiro bache que superar, xa vos contarei como nos foi o vindeiro día 1 de marzo.

Agora tócavos a vós: se tedes blogue e facedes unha entrada sobre o tema deixade o enlace nos comentarios desta, e eu incluirei o voso enlace á entrada cando poida; se non tedes blog deixade un comentario aquí contándonos o que pensades facer para que poidamos lelo os demáis.

Alá imos!!!

Este mes participades:

Viajeados
Cuatro en la cama
Fabulosa Tormenta
Trocitos de mí
Las cerezas de Pipa
Dálle un coliño
Diario de los granjeros
En mil batallas
Todomundopeques
Mazáns verdes e vermellas
Como un ramo cativo de nenos
La Mejor Mami

e máis os que estades nos comentarios.
Aínda estades a tempo de unirvos!

Por se queres compartir