jueves, 27 de noviembre de 2008

Á espera

Non tivera esta sensación cando foi da Z., si, claro que tiña ganas de vela daquelas, de saber como sería: grande ou pequena?, pareceríase ó Moucho ou a Tartaruga?, tería o cabelo loiro ou castaño, liso ou rizado?, os ollos claros ou escuros?,... despois todo isto quedou en nada e convertiuse en moito máis ó mesmo tempo... que sensación tan incrible, tan inesperada e tan adictiva.
Pero non tiña ganas de despedirme da miña barriga, o parto, aínda que tranquila, pilloume por sorpresa, non o agardaba aínda, non o sentía preto...

Desta vez todo é diferente: fágome as mesmas preguntas que coa primeira tartarouchiña, pero sabendo agora que non van ser importantes; teño preguntas novas: que tal o levará a Z? como se chamará? seremos quen de evitar as visitas? (hai un par de semanas os veciños viron moito movemento de coches e viñeron timbrar, teremos que colgar carteis ionformativos na porta) seremos quen de pasar un Nadal tranquilo? (se nacese agora igual xa non me importa "tanto" desplazarme 150km para vivir o circo, pero e se nace o 20 de decembro, que tamén pode ser? Ademáis agora está a Z, o seu aniversario, os seus agasallos e as súas ganas de ver ós avós...); pero a maior diferencia a marcan as ganas de parir.

mosaico 38+4

Dende logo que botarei de menos a miña barriga (aixxx, xa case a boto de menos), pero esta vez a barriga é moito máis grande, faime estar máis cansa, sobre todo porque ademáis teño que atender a outra pequena, e ademáis teño a zona de saída totalmente preparada dende hai semanas, o sacro móvese en cada cambio de postura e o pube está separado e agardando, impedíndome andar doutra maneira que non pareza Fraga.

E aínda así non o noto preto, teño ganas, pero sinto que falta tempo. Teño contraccións das que non se notan, algunha cada día, e os domingos semella que o corpo en lugar de descansar lle da por traballar e paso o día con contraccións das que molestan como a regra e cun sorriso na cara, gozándoas.

E é que non nos queda nada para sentirnos a pel e ser unha familia máis grande.

xa temos un bebé

A Z. tamén se está preparando á súa maneira: fálalle ós coñecidos de que na casa temos pixamas de bebé, métese no capazo que nos emprestaron porque ela tamén é un bebé, e pregunta xa case a diario cando vai saír o bebé... o bebé está xa moi presente tamén na súa vida.

Coido que estamos listos para recibir xa "ó bebé", así que so queda... a espera.

domingo, 23 de noviembre de 2008

Outra finde pasada

Remátase a fin de semana. Esta vez foi diferente, o papá Moucho estivo de guardia e a tarde sen chamadas de onte adicouna a tocar a guitarra, hoxe case non o vimos. Pero a tía Lu veunos facer unha visita e a Z. desapareceu da miña vista case dous días enteiros, botoume fora da cadeira para que sentara a tía Lu con ela, fixo churros de plastilina con ela, pintou con ela, descubriu a panteira rosa con ela, e todo encantada, como non. Así que grazas tía Lu por facerllo pasar tan ben.

Ó papá Moucho colleuno por banda en canto entrou hoxe pola porta e tiveron un anaco de contacontos antes de ir a casa de Manuel e de Nicolás, que estivo de aniversario, a devolverlles a locomotora e algún peluxe que atesouramos nesta casa dende hai tempo. Alí tampouco deixou a Z. de chamar polo papá para que xogase con eles no castelo antes de marchar todos, cada un para a súa cama.

contacontos

contacontos

A mamá Tartaruga tivo tempo para descansar e tecer o agasallo de aniversario da Z., que quere acabar antes de que chegue o bebé e que aínda está a medias, así que vos deixo agora que a Z. está xa durmindo de maneira excepcional despois de deitarse onte ás 12 da noite para non perder un minuto de Lu, e espertar hoxe ás 7 e media preguntando por ela.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Artesá

- Z. que fas coas tesoiras?
- Estou facendo "o señó de las cumbes"

artesá

artesá


Orella pendella

Veño de descubrir esta páxina web con ditos, recitados e cancións infatís en galego.

www.orellapendella.org

Descubride novos contos e cantos e compartídeos cos vosos nenos e nenas.

domingo, 9 de noviembre de 2008

Domingo

Fabas

Sabedes que as fabas de casa hai que gardalas na neveira se non queredes levar unha desagradable sorpresa cando estás comendo? (O que me fai pensar... por que as do paquete do super non?). Pois as desgraciadamente urbanitas coma min non o sabiamos, así que esa sorpresa leveina eu hai un par de anos cando vin que as fabas brancas tiñan manchas negras e que o prato se enchía de mosquiñas... brrrrrr. Dende entón cada vez que as fago, despois de estaren en remollo, vounas escollendo unha por unha, leva tempo, pero non quero máis sorpresas desagradables, e non sería quen de comelas doutra maneira.

Hoxe apetecían porque levamos uns días coa calefación a medias, o termostato vai so cando lle apetece, así que andamos pola casa tan abrigados coma fora. Hoxe pola tarde semella que o problema quedou solucionado de forma temporal polo menos, así que xa non temos o nariz frío.

pinche

A Z. axudoume a escollelas e máis a preparalas (hai que tomalo con calma, iso sí, porque foi botando os anaquiños de cebola e chourizo un por un dentro da pota), a comelas non axudou, por suposto. É mágoa que falte a foto do resultado final, pero tiñamos tanta fame que non me lembrei a tempo.

Pero por sorte sobraron para poder facer a foto :)

as fabas con chourizo

E despois de facer churros e linguas coa plastilina que nos regalou a madriña unhas cantas veces, a tarde deixou tempo para facer esta pelotiña que me fai estar toda orgullosa.

pelota

Agora, se vos parece, e xa que a Z durme, vou tecer un pouco mentres tomo un leitiño con cereais sentada no sofá e volvo escoitar o cd que me agasallaron as miñas bruxiñas mentres o Moucho non chega.

calceta

Foi un bo domingo, si señor, que tal o voso?

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Entre mans...

... tiven cousiñas, si, non dixen nada delas, pero ter tívenas, ou pensabades que estaba quieta? Pois non, velas aquí están, case todas, xuntiñas.

As fotos son bastante malas desta vez, pero non quería tardar máis en amosárvolas. Se o collo con tempo e con ganas outro día repítoas en condicións, que as cores deixan moito que desexar.

O meu Alpine Shrug, rapidísimo de tecer con esas agullas enooooooormes, pero odioso o final de ter que unir os catro triangulos e cose que te cose... bufff, non quero facer cousas que haxa que coser por unha tempada máis, ou por sempre.

Alpine shrug Alpine shrug

Por certo, fíxome gracia e ilusión tecer unha prenda de roupa que me vai valer con esta tremenda barriga e sen ela :-D
Tecín unha repetición máis da que marcaba a talla M no patrón, e creo que coas que traía ía máis que sobrada, aínda así gústame o resultado, do meu estilo grande.

Houbo cousiñas apra os pequenos tamén, claro. Mirade que chulos os pantalóns para a Z., co patrón Nifty Knickers e esas cores de baias (chámanse así?) e limóns. As cores encántanme, pero nas fotos non se ven ben...

baias e limóns

E tamén unha saia morada, sinxela e resultona e que non hai que coser nadiña de nada (nin nos pantalóns tampouco :-) )

saia morada

E para o bebé, despois de ver os gorriños do proxecto de Amanda Soule, non puiden resistirme a cortar unha camiseta pequena da Z, que ademáis tiña manchas de valor (perfetamente disimuladas) e facer este gorriño tan curriño para recibilo como se merece, perfeto porque é reciclado dunha prenda da súa irmá. So agardo que o tamaño sexa o axeitado para a súa cabeciña...

Gorriño para o bebé

Gorriño para o bebé

E rematamos cunha fotiño de hoxe mesmo, a un mes exacto da miña data probable de parto, e con esta barriga querida, apurando os últimos momentos antes de verlle a cariña @ tartarouchiñ@.

35+5

Queredes comparar barriga? Buscade a foto coa mesma roupa hai 5 semanas...

35+2 semanas

xa queda menos...

35+2 semanas

... para verte
... para gozar da barriga

Por se queres compartir