lunes, 20 de enero de 2014

2014

Xa máis preto do final de xaneiro que do comezo e eu levo máis dun mes sen asomar por aquí. E semella que iso é o ano novo.

De súpeto deixei de necesitar escribir aquí, non sei se seguirá sendo así ou non, pero como levo xa un par de anos rumiando creo que de facer cambios no blogue un deles sería este: as Tartarouchas fanse grandes, e cada vez é menos o que hai que contar do que pasa "por fora" e máis o que pasa " por dentro", como se vai forxando o seu eu adulto e como van evolucionando os seus pensamentos e maneiras de ser. Levo tempo debatíndome entre conservar eses recordos e sentimentos ou deixalos pasar, e agora creo que chegou o momento, o meu propósito para o novo ano é materializar as miñas fotos e as historias que as acompañan para a nosa familia. Encántanme as fotos, pero sobre todo encántame TOCAR as fotos e, quitando algunha nun marco, levo dende o 2010 sen facer fotos en papel. Os albumes familiares que enchía cada ano e que nos gustaba tanto ver en familia deixaron de avanzar, así que chegoulles o seu momento. Deixarei de compartir aquí as súas cousas e pasarei a facelo só para nós.

Non me gustaría deixar abandonado o blogue, penso que podería seguir compartindo as cousiñas que vou facendo, ou facelo máis meu, pero a verdade é que últimamente a vida non me deixa tempo a moito máis ca facer comidas e poñer lavadoras. Fixen algunha roupa para os Tartarouchos hai uns dous meses ou por aí, e aínda non tiven tempo de vola amosar, e teño unha colcha comezada dende o verán (á que lle faltan tres cuartas partes por facer só da dianteira, máis todo o resto), uns coxíns a petición da L., un  par de encargos de costura, e teño uns calcetíns e un chaleque comezados a calceta dende hai tamén máis dun mes e que non avanzan, porque non hai tempo a nada. Supoño que nalgún momento volverei atopar ocos para rematar as cousas que comezo e para intentar compartilas aquí, pero agora mesmo non podo aseguralo. Así que imos sobre a marcha.

O ano pasado pensei moitas veces en que me daba pena ver esmorecer os blogues, supoño que pasou a súa época porque os que quedan vólvense moi "profesionais", estética moi coidada, fotos preciosas, e chegaron instagram e facebook e fixeron da inmediatez a súa culaidade estrela, xa non hai que redactar, porque cunha frase abonda, non hai que preparar-facer-descargar-escoller fotos para enfeitar o texto, porque coa foto que tomamos no mesmo instante e con esa palabra ou frase xa está todo feito... enténdoo, pero boto de menos as historias por contar,... e outra cousa que non me gusta é a dispersión que aconteceu en moitos dos blogues que seguía/sigo: porque no blogue hai unha parte minúscula, en instagram están as imaxes a diario, no facebook unhas poucas palabras máis,... xa non é posible seguir todo nun mesmo sitio e iso dáme ademáis de mágoa, galvana. Porque unha empeza a ter unha idade, vese, na que lembra o que había antes con cariño, e ata o tempo pasado lle parece mellor... que me fago mentalmente vella, vamos! :D
E agora resulta que son eu a que ve o meu blogue camiñar pola corda frouxa...paradoxas...

Agardo volver por aquí, e se non, que saibades que todos estamos ben.
Déixovos coas estrelas da casa nos últimos tempos.

Biquiños!







sábado, 4 de enero de 2014

Xeo e Neve

Cando vimos aqueles agasallos tan raros algúns pensamos que Papá Noel toleara, a L. tiña claro que eran cousas para a gatiña á que levabamos semanas alimentando e á que bautizaran Silvia.

Silvia

Unhas latas de comida para gatos, un cestiño, unha caixa de area e o que a Z. decidiu que era unha pulseira con axóuxere para cada unha das Tartarouchas.

Estrearon a roupa que lles trouxo, tamén chea de gatos e logo cambiamos de casa, e mentres desenvolvían paquetes un dos agasallos miañou, a Z. dixo cun aire de "non fagades caso" "é só un boneco que fai ruido", pero ó abrir o paquete resultaron ser dous gatiños de verdade!!!

As roupas eran unha pista, igual que todos aqueles agasallos tan raros, e as pulseiras eran en realidade os seus futuros colares.

As nenas bautizáronos Xeo e Neve, mentres polo camiño viamos por vez primeira este ano as montañas nevadas.
E aquí estamos todos entretidos e babados con eles. En breve volveremos ter pelusas rodantes e iremos coa roupa branca chea de pelos negros e a negra chea de pelos brancos e non nos importará porque temos dous compañeiros novos.

25122013-IMG-20131225-WA002

25122013-IMG_5736
PicMonkey Collage28122013-IMG_5834

28122013-IMG_5831 
28122013-IMG_5846
28122013-IMG_5850
29122013-IMG_5861
29122013-IMG_5864

Resultaron ser uns gatiños que xa coñeciamos, así que agradecémoslle á súa mamá e ós seus coidadores que os deixaran vir connosco. Aquí a mamá Cinza despedíndose deles.

24122013-CAM00091

Xa sabedes, a partir de agora haberá dúas rosquilliñas máis no noso sofá, así que antes de vos sentar cando veñades de visita mirade debaixo do cú, por se acaso.

30122013-IMG_5877

jueves, 19 de diciembre de 2013

50/52

A dúas semanas de rematar o proxecto parece que por fin puiden poñelo ó día por aquí. 




Z: Poñendo a árbore. Enfeitando a casa.

L: Querido Papá Noel...

B: 0 h, 39'5º, e un sorriso

Cara b: Mentres eu preparaba cousas na cociña ti atopaches a bolsa onde gardamos os tapóns.

NOTA: Trabuqueime ó copiar o os códigos das fotos, vistes que marcos hai agora nas opcións do flickr? Agora quédanse así.

lunes, 16 de diciembre de 2013

49/52

Isto estáse acabando... estas, con retraso, da semana do 2 ó 8 de decembro.

Z :: 49/52

L :: 49/52

B :: 49/52

Z: Un paseo xunto á casa dos avós Moucho,... os burriños eclipsárono todo.

L: Collendo herba do muro para darlle os burriños.

Cara b: o pequeno o preferido.
Cara c: xogando coa pila de coxíns dixeches que teño que facer coxíns para a nosa casa... teño que facer coxíns para a nosa casa.

B: Non teño a sensación de usar moito o teléfono, apenas chamo a ninguén, o móbil está sempre perdido, pero vese que e un acto bastante cotián cando ti xa o imitas tan ben... con calquera mando que pilles.

Cara b: O bidé na casa da avoa Olga foi todo un descubrimento!

viernes, 13 de diciembre de 2013

48/52

Z :: 48/52

L :: 48/52

B :: 48/52

Z: Aínda non cumpriches, pero xa o celebraches, primeiro desexo concedido: unha celebración especial, con animais.

L: 5 anos, 5 ANOS!! E non deixas de sorprendernos a diario, sempre medrando.

B: Xa pasou un ano dende que che demos a benvida. Celebrámolo os 5 xuntos coa túa candea nun anaco de biscoito que quedaba. Apagáchela coa man, e coma sempre, non paraches de sorrir.

Cara b: o mesmo día do teu aniversario decidiches que merecía a pena tomarse máis en serio o de camiñar, dende entón sempre empezas a dúas patas, aínda que non dure moito.


Por se queres compartir